Investigan a posible compra de DoubleClick por parte de Google

venres, 20 de xullo do 2007

O Congreso dos EE.UU. anunciou unha investigación sobre a compra de DoubleClick por parte de Google, xa que a intención do buscador de Internet máis popular do mundo de mercar por 3.100 millóns de dólares a axencia de publicidade en liña máis importante podería supor unha ameaza á competencia (especialmente tendo en conta o peso que Google xa ten co seu servizo publicitario).
Dende Google agardan que as autoridades aproben a súa adquisición, aínda que os competidores do buscador temen que a operación produza un novo monopolio.

PUBLICIDADE