Investigadores do CITIC recollen os Premios da Sociedade de Estatística e a Fundación BBVA
mércores, 16 de febreiro do 2022
Este
15 de febreiro de 2022 celebrouse
na sede da Fundación BBVA (en Madrid) a cerimonia de entrega dos
Premios de Estadística Sociedad de Estadística e Investigación
Operativa-Fundación BBVA e das Medallas Sociedad de Estadística e
Investigación Operativa. En ambos os casos, correspondentes ás
edicións de 2020 e 2021, pospostas con motivo da pandemia. Os
investigadores da UDC Sonia Zaragoza Fernández, Inés Barbeito Cal,
Javier Tarrío-Saavedra e Salvador Naya Fernández, estes tres
últimos adscritos ao CITIC da UDC, recibiron o Premio á Mellor
Contribución aplicada cun impacto no ámbito social, a innovación
ou a transferencia do coñecemento no campo da Estatística da
edición 2020
O
dito galardón recoñeceu a calidade do artigo Avaliación de
confort térmico e a eficiencia enerxética en edificios mediante
control de calidade estatística para
datos autocorrelacionados. Recolleu o premio Salvador Naya quen
destacou: “A Estatística contribuíu ao nacemento doutras
disciplinas, como a Intelixencia Artificial. Ambas as disciplinas
aprenden dos datos. A Estatística convérteos en coñecemento útil”.
Así
mesmo, os investigadores do CITIC Ana López Cheda, Ricardo Cao Abad,
María Amalia Jácome Pumar, xunto a Ingrid Van Keilegom, catedrática
de Estatística e Investigación Operativa da Katholieke Universiteit
Leuven (Bélxica), recibiron o Premio
á Mellor contribución metodolóxica no campo da Estatística
da edición de 2021 polo seu artigo Estimación non paramétrica
de incidencia e selección de ancho de banda Bootstrap en modelos de
cura mestura. María Amalia Jácome foi a encargada de recoller o
premio e no seu discurso de agradecemento quixo resaltar que “a
Estatística contribuíu ao nacemento doutras disciplinas, como a
Intelixencia Artificial. Ambas as disciplinas aprenden dos datos. A
Estatística convérteos en coñecemento útil”.
Asistiron
tamén á cerimonia, acompañando aos equipos premiados da UDC, o
reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, e o
subdirector do CITIC, Javier Pereira Loureiro. Os premios da
Sociedade de Estatística e Investigación Operativa e a Fundación
BBVA, convocados con periodicidade anual e de ámbito estatal,
recoñecen “a orixinalidade e a innovación neste eido co obxectivo
de incentivar o traballo de investigación e a súa proxección á
sociedade”. Cada un dos galardóns está dotado con 6.000 euros, a
repartir entre os diversos autores.
Os
premios están dirixidos a investigadores en Estatística e
Investigación Operativa de nacionalidade española ou doutro país
que realizasen o seu traballo en investigación nunha universidade ou
centro científico de España ou en colaboración con algún
investigador español.