Intex lanza un móbil con triple SIM
luns 15 de marzo do 2010, por |
Os usuarios
profesionais demandan en moitas ocasións terminais telefónicos con soporte para
dúas tarxetas SIM simultáneas, de xeito que poden recibir nun único móbil as
chamadas dirixidas á súa liña telefónica de empresa e ao seu número persoal, á
vez que poden facer chamadas dende ambas liñas segundo o tipo de comunicacións
que queiran establecer, pero Intex leva este tipo de produtos un chanzo máis
arriba co seu móbil IN 5030, que soporta
ata 3 tarxetas SIM.

- Dende Fonearena.com amosan o interior do IN 5030
O IN
5030 funciona coma un móbil dual
SIM GSM, pero permite incorporar no seu interior unha terceira tarxeta para
comunicación CDMA, o que fai o terminal moi interesante para países como a
India, onde operadoras coma Idea e Airtel operan en GSM e Tata Indicom fan o
propio en CDMA, de xeito que este novo terminal podería funcionar incluso coas
3 compañías á vez.
O dispositivo mide 111 x 48 x 14,8 milímetros, pesa 105 gramos, ten unha
pantalla de 2 polgadas, lector de tarxetas microSD, Bluetooth, reprodutor
multimedia, radio FM e unha cámara de 1,3 Mpíxeles,polo que non estariamos ante
un terminal de grandes prestacións (nin sequera soporta comunicacións 3G) pero
cunhas características bastante válidas para os mercados aos que vai destinado
(economías emerxentes). Polo momento véndese na India por 4.700 rupias (uns 75
euros).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















