Internet2 chega ós 100 Gbps

xoves, 11 de outubro do 2007

O futuro da Internet parece prometedor no tocante ó largo de banda se atendemos ás velocidades que está a acadar a rede de próxima xeración coñecida coma Internet2, que confirmou que conseguiu chegar ós 100 Gbps.
Esta rede é exclusiva de comunidades educativas e de investigación (algo semellante a como era a Rede no seu comezo), e para acadar tales velocidades hai que agrupar comunicación de 10 Gbps, pero ver que as velocidades de entre 20 e 100 Gbps son posibles nunha infraestrutura de grandes dimensións supón un avance considerable.

PUBLICIDADE