Internet xa é o medio número un do mundo
mércores, 13 de outubro do 2010
Finalmente chegou o día! Segundo
unha nova enquisa mundial de TNS chamada Digital Life,
da que din ser “a máis grande
desenvolvida ata a data para medir o comportamento en liña”, Internet xa é
o medio máis usado polas persoas con acceso a ela en todo o mundo.
Desbancadas a prensa, a radio e
agora tamén a televisión, a Rede pasa a ser na actualidade o medio máis consultado
polos internautas de todo o planeta para manterse informados, e tamén, grazas
ás redes sociais, para manter o contacto con amigos e familiares de maneira
virtual.
Deste xeito, e segundo datos
extraídos da devandita enquisa, o 61 por cento das persoas con acceso en liña
usa a Rede tódolos días, fronte ao 54 por cento que ven a televisión, o 36 que
escoita a radio e o 32 que len os xornais.
Os internautas atopan na Rede
todo o que precisan para manterse ao día e, grazas á penetración de Internet a
través do móbil, este medio camiña a pasos axigantados incluso nas nacións
emerxentes, onde os usuarios de Internet tenden a ser os usuarios máis
frecuentes que os seus pares no mundo desenvolvido.
Xa que logo, a Internet móbil é a próxima
gran tendencia para as redes sociais: nos EEUU o 33 por cento dos consumidores
en liña esperan facer máis relacións sociais a través do teléfono móbil durante
o vindeiro ano, comparado co 26 por cento que agarda facer networking a través do PC ou un laptop.
En Australia, as cifras son 26 e 44
por cento respectivamente, e en Suecia, o 28 e o 53 por cento.