Internet supera xa os 100 millóns de sitios

xoves, 2 de novembro do 2006

O crecemento da rede de redes non ten parada e, a día de hoxe, Internet xa acadou un novo record histórico no número de sites que alberga, que segundo datos fornecidos pola empresa Netcraft, son xa máis de 100 millóns, concretamente: 101.435.253 sitios rexistrados no mes de outubro.
Once anos atrás, o número de sitios web contabilizados reducíase a 18.000, mais o sorprendente ritmo de crecemento da Rede aínda se puído apreciar mellor nos últimos meses, nos que se crearon máis de 27 millóns de sitios novos, alcanzando en setembro os 97,9 millóns de sites.
Os países que rexistraron unha meirande actividade neste senso son EE UU, Alemaña, China, Corea do Sur e Xapón. Sexa como sexa, non estraña que en Estados Unidos se atopen máis da metade dos sitios, 55 millóns; mais si que é un tanto abraiante que vaia seguido (aínda que moi de lonxe) por Alemaña con 15 millóns, Gran Bretaña con 6, Canadá con tres e os 2,5 millóns de sitios de Francia.

PUBLICIDADE