SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Intermax permitirá que a movida nocturna de Melide poida seguirse a través da Rede

venres 14 de outubro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Tras iniciativas de interese como a dotación de servizos de telecomunicacións ao Pantín Classic (que retransmitiuse a través da Internet para todo o mundo) e a instalación dun sistema de vixilancia a través da Internet en varias igrexas de Melide, Santiso e Arzúa, os responsables da compañía melidense Intermax anuncia que o vindeiro sábado ás 2:00 horas vai presentar o proxecto Movida 2.0, que emitirá música en directo a través da Rede para todo o mundo, para o que contaron coa colaboración do Concello de Melide e os pubs da vila. As sesións musicais tamén poderanse escoitar a través das ondas de Radio Melide.
Esta iniciativa procura potenciar e incluír o uso das TIC no mundo da noite, de aí que elixisen Melide, unha vila referente a nivel de lecer, como punto para iniciar este proxecto pioneiro. Á presentación oficial de Movida 2.0, que terá lugar nunha carpa instalada na concorrida zona dos pubs, asistirán a alcaldesa Ángeles Vázquez, a concelleira de Novas Tecnoloxías e Xuventude, Dalia Couso, o concelleiro de Turismo, Santos López, o director xeral de Intermax, Javier Mouriño, técnicos da empresa e propietarios dos locais que participan no proxecto.
O sistema leva probándose 2 semanas con resultados satisfactorios, transmitindo a través da Rede a música que pode escoitarse no Pub Qmais e na Discoteca Palladium, aínda que está iniciativa está aberta a todos os locais de Melide que desexen adherirse ao proxecto.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS