Intermax organiza unha expedición galega ao Mobile World Congress

domingo, 24 de febreiro do 2019 Redacción

A expedición de Intermax de camiño a Barcelona

Máis de 20 persoas do mundo empresarial, social e deportivo de Galicia desprázanse esta semana ao Mobile World Congress de Barcelona para pulsar o estado da tecnoloxía máis innovadora en redes e telefonía nunha viaxe auspiciada pola empresa de banda larga para o rural Intermax.
Esta compañía galega busca pór en contacto a diversos ámbitos da sociedade galega cos últimos lanzamentos e tendencias tecnolóxicas que se darán cita na feira de telefonía móbil máis importante a nivel mundial que se celebra en Barcelona.
Esta expedición galega cara á tecnoloxía contará para os seus traslados en Barcelona con vehículos que toman o nome de mulleres galegas representativas do seu tempo, Rosalía de Castro e Vero Boquete.

Os dous vehículos de Intermax que visitan Barcelona levan por nome Rosalía de Castro e Vero Boquete

PUBLICIDADE