Interesantes incorporacións á Forxa de Mancomún

xoves, 23 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Ilustración dun caso típico de uso de BlueSS

Dende Mancomún informan hoxe da incorporación a súa Forxa de software de 3 novos interesantes proxectos dos que non podemos facer menos que recomendar o seu seguimento. As aplicacións que se sumaron á Forxa son Katmus (aplicación para a trascrición musical asistida creada en C++ e QT4 para GNU/Linux por Orlando García Feal), VideoEstereo (proxecto de Carlos Franco Rodríguez que pretende facer efectiva unha aplicación capaz de capturar e reproducir vídeo estéreo en tempo real cunha calidade aceptable) e BlueSS Server for Linux (desenvolvemento de Antón Román Portabales que parece consistir na adaptación do anterior servidor de BlueSS desenvolvido para Windows en C++, e que se apoiaba cunha aplicación para móbiles Symbian aos que converte nun cliente de voz sobre IP válido para Skype).

PUBLICIDADE