Instan a actualizar os vellos móbiles ante o futuro apagamento da 3G

mércores, 19 de abril do 2023 Marcus Fernández

Os clientes de Simyo, operador de baixo custo de de Orange, que aínda non teñen un móbil con conectividade 4G están a recibir comunicacións da compañía instándoos a actualizar o seu terminal telefónico para paliar o impacto do apagamento da rede 3G, que realizarase progresivamente até 2025, cando está previsto que Orange abandone completamente esta tecnoloxía a nivel europeo.
Orange tamén leva tempo instando aos seus clientes a renovar os seus móbiles para contar con terminais compatibles con 4G, conectividade móbil que grazas a VoLTE consegue chamadas de grande calidade, mentres que se contamos cun móbil 3G, cando se apague esta tecnoloxía a voz pasará a funcionar a través de 2G, o que suporía un importante paso atrás.

PUBLICIDADE