Instagram permite aos creadores obter ingresos durante os seus directos

mércores, 17 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Para facilitar a monetización a través de Instagram estrean unha nova opción para os creadores de contido: a posibilidade de obter ingresos durante os seus directos a través da compra de badges por parte do espectadores que queiran agradecer o contido.
Durante os directos os creadores verán quen foron os espectadores que adquiriron algún badge, de xeito que poden agradecerllo ou manter unha maior conexión con eles durante a retransmisión. Estes elementos poderán adquirirse en incrementos de 0,99, 1,99 e 4,99 dólares e polo momento a opción só está dispoñible para unha serie de creadores seleccionados en Reino Unido, Francia, España, Italia, Alemaña, Xapón, Australia, Turquía, Brasil e México, que deben ter máis de 18 anos de idade e superar os 10.000 seareiros.

PUBLICIDADE