Instagram inicia medidas contra o coronavirus

venres, 13 de marzo do 2020 Marcus Fernández

Nos últimos días son moitas as empresas tecnolóxicas que están a contribuír na mitigación do impacto do coronavirus de distintos xeitos, destacando os xigantes tecnolóxicos ao facilitar a divulgación de información oficial sobre o tema, loitando así contras a desinformación. Nesta liña chega agora Instagram anunciando que están a emprender medidas para manter á xente sa e informada.
Entres as actividades que desenvolverán nos vindeiros días temos a limitación da desinformación e o contido lesivo sobre o COVID-19; a axuda a que a información da OMS e doutras entidades poidan chegar de xeito correcto ao público; a prohibición de publicidade que cree o pánico ou que implique que certos produtos poidan curar ou previr o coronavirus; a achega de todos os anuncios que a OMS precise para divulgar información sobre o coronavirus; o veto temporal para anunciar ou comercializar máscaras de uso clínico.
Aínda que o comunicado de Facebook sobre isto pode parecer moi xenérico, realmente ten efectos moi claros, como a desaparición de filtros de realidade aumentada relativos ao COVID-19 ou o bloqueo de cancelos que poidan contribuír á divulgación de falsidades.

PUBLICIDADE