Insta360 renova a súa cámara modular
martes, 22 de marzo do 2022
Dende Insta360 sorprenderon
hai un par de anos cunha cámara de acción e 360 modular, e este dispositivo
ten finalmente sucesor, a Insta360 ONE RS,
unha cámara de acción 4K cun sensor de imaxe de media polgada e 48 MpÃxeles cunha
estabilización de imaxe sen igual e capaz de recoller audio nÃtido, que grazas
ao seu deseño modular pode equiparse cun obxectivo 5,7K de 360 (o mesmo que na
cámara anterior) ou mesmo cun impresionante sensor grande angular dunha polgada
e 5,3K de resolución deseñado por Leica. Amais esta cámara presume de resistencia,
podendo incluso resistir auga até a 5 metros de profundidade.
O obxectivo de referencia desta nova cámara (4K Boost) pode usarse para gravar
vÃdeo 4K a 60 imaxes por segundo ou para disparar fotografÃas de 48 MpÃxeles,
contando tamén con modo Active HDR (co que recolle moitos detalles que outras cámaras
de acción non son capaces de captar) e un modo 6K Widescreen co que tiran
proveito da resolución do seu sensor para gravar vÃdeo 6K en formato ultrapanorámico
(2.35:1), conseguindo asà gravacións con aparencia de cine.
O obxectivo de 360 permite modos de gravacións impresionantes, aos que xa están
afeitos os usuarios de cámara de Insta360, como tamén acontece coa súa
estabilización de imaxe, FlowState, que continúa mellorando para producir
vÃdeos máis suaves que nunca, que poden compartirse ao instante en redes sociais
dende a aplicación móbil de Insta360.
A nova cámara tamén incorpora un micrófono adicional para mellorar a calidade de
son, a súa Wi-Fi vai un 50% máis rápido, conta cun menú rápido para axilizar o
acceso aos modos de disparo e tamén conta con función de Instant Zoom para
aplicar zoom de até 2,7x mentres se grava vÃdeo.
A Insta360 ONE RS pode adquirirse
no seu modelo máis básico (co obxectivo 4K Boost) por 319,99 euros, mentres
que o lote coa lente 4K, a lente 360, a lente de 1 polgada e varios accesorios
chegarÃa até os 890,99 euros, existindo moitas outras configuracións de
accesorios para facerse cunha das cámaras máis flexibles do mercado.
VÃdeo promocional da Insta360 ONE RS