Innovación subvenciona os proxectos de investigación básica do sistema público de I+D+i
xoves, 31 de xullo do 2008
A ConsellarÃa de Innovación e Industria vén de facer pública, a través da súa páxina web, a resolución
parcial da convocatoria de Promoción Xeral de Investigación (DOG número 56 do
24 de marzo de 2008) pola que adxudicará máis de 4 millóns de euros para os
proxectos de I+D+i públicos. Este programa de axudas inclúe catro modalidades
de subvencións: para proxectos de investigación básica, para a elaboración de
propostas ao VII Programa Cadro, para a organización de congresos e reunións
cientÃficas e para a asistencia a eventos destas caracterÃsticas que teñan
lugar fóra de Galicia.
A través desta
primeira resolución, o devandito departamento adxudicará un total de 4.100.632 de
euros dos 6.496.000 cos que está dotada a convocatoria, correspondentes ás
modalidades de proxectos de investigación, organización de congresos e
asistencia a reunións cientÃficas. A modalidade de axudas para a elaboración de
propostas do VII Programa Cadro asÃ
como unha parte dos proxectos de investigación básica serán resoltos
previsiblemente no vindeiro mes de setembro pola mesma ConsellarÃa.
Para poder percibir as axudas, as
entidades beneficiarias deben presentar a documentación e as certificacións que
esixe a devandita orde de Promoción Xeral da Investigación para cada unha das
modalidades. O prazo para a presentación desta documentación remata o vindeiro 31
de outubro no caso das axudas para proxectos de investigación e o 10 de
novembro no caso das subvencións para organizar e para asistir a eventos de
carácter cientÃfico.
Xeración de coñecemento
A modalidade de axudas a proxectos
de investigación básica é á que se destina a maior parte do orzamento,
4.065.282 euros. O seu obxectivo é financiar proxectos do sistema público de
I+D+i que procuren a excelencia na xeración de coñecemento, prestando especial
atención ao desenvolvemento de novas liñas de investigación. A duración dos
proxectos pode ser ata de catro anos (ata 2011) e a axuda cubre o 100% do
orzamento necesario para a realización do proxecto, incrementado nun 15%
destinado a subsanar os gastos institucionais que orixina a súa execución.
As tres universidades galegas
recibirán 3.684.215 para proxectos de investigación de diferentes áreas do
coñecemento. As outras entidades beneficiarias son o Consejo Superior de
Investigaciones CientÃficas (CSIC), que recibirá 214.996 para proxectos do Instituto de
Investigacións Mariñas e do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas, a
Fundación IDICHUS (do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de
Compostela), á que se lle outorgaron 109.810 euros para dous proxectos, e a
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que recibirá 56.261 euros.
Organización de congresos e reunións cientÃficas
No apartado dedicado ás axudas
concedidas para a organización de congresos e reunións cientÃficas, do que son
posibles beneficiarios os axentes do sistema público de I+D+i agás as
universidades, concedéronse catro axudas por un total de 10.950 euros. A
fundación Biomédica do C.H.U. de Vigo, a Fundación Cabaleiro Goás, vinculada ao
Complexo Hospitalario de Ourense, o Instituto de Estudos Galegos Padre
Sarmiento (CSIC) e a Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Deputación de
Pontevedra) recibirán cadansúa subvención para a realización de actividades que
teñan como obxectivo a difusión dos avances do coñecemento cientÃfico e da
investigación que teñan lugar en Galiza.