Innovación instalará este ano rede sen fíos en 12 polígonos industriais

venres, 18 de xullo do 2008 Fernando Sarasketa

A Consellería de Innovación vén de informar dos seus novos proxectos para a instalación de redes sen fíos (tecnoloxía WiMAX) en concellos galegos. Trátase de 12 iniciativas, que se levarán a cabo noutros tantos municipios e, máis concretamente, nos polígonos empresariais e industriais do seu territorio. Así o fixo saber hoxe o departamento de Fernando Blanco, quen asinou convenios cos alcaldes de Ordes, O Grove (para o espazo de Porto Meloxo), Vila de Cruces (para O Camballón), Cambados (para as Sete Pías), Cervo (para a área de Cuíña), Fene-Cabanas (para o polígono de Vilar do Colo), Melide, Xinzo de Limia, Monforte de Lemos, Vilar de Santos (Santa Marta).
A iniciativa, que en breve tamén collerá corpo cos concellos de Pontevedra (Campiño) e A Pastoriza, parte na súa primeira fase de despregamento de tecnoloxía sen fíos cunha partida de 1,6 millóns de euros.
A Consellaría encargarse dos traballos precisos para a habilitación da rede, mentres que cada concello se compromete a pór a disposición de Innovación un contorno axeitado para a instalación do equipamento (estación base, antenas, armario rack, etc.). Este espazo ten que ter como mínimo 5x5 metros e contar con subministración de enerxía eléctrica ou posibilidade desta, informou a Consellería.

PUBLICIDADE