Innovación e Industria ampliará a cobertura WiMAX de Cuntis, Curtis, Manzaneda, Riotorto e San Sadurniño
venres, 20 de xuño do 2008
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco, asinou
esta mañá cinco convenios de colaboración cos alcaldes dos concellos de Cuntis,
Curtis, Manzaneda, Riotorto e San Sadurniño para a ampliación da cobertura WiMAX
nestes municipios. Nos devanditos concellos a ConsellarÃa desenvolveu o ano
pasado un proxecto piloto mediante o cal se implantaron redes de
telecomunicación sen fÃos de acceso público a Internet cun investimento total
nestes municipios de 500.000 euros.
Innovación e Industria compromete con esta nova sinatura a ampliación da
cobertura xeográfica da rede WiMAX co fin de garantir un mellor nivel de
penetración das novas tecnoloxÃas no territorio dos concellos asinantes. A esta
ampliación Innovación e Industria destina 342.928,22 euros (Cuntis -70.489,35-;
Curtis -57.983,17-; Manzaneda -74.484,4-; Riotorto -55.481,94-; San Sadurniño
84.489,35-), que sufragará as infraestruturas precisas para a distribución do
sinal nas áreas xeográficas que determinará unha comisión constituÃda para o
seguimento do proxecto piloto. A maiores, os convenios asinados hoxe con
Manzaneda e San Sadurniño permitirán dotar estes dous termos de dinamizadores
da sociedade da información.