Inkling engade interactividade e sociabilidade aos libros de texto

luns, 23 de agosto do 2010 Marcus Fernández

A primeiros de ano comentamos que a compañía Inkling acadara financiamento para crear un sistema no que adaptase os libros de texto das escolas a un formato enriquecido de xeito que puidesen empregarse en novos soportes coma móbiles e tablets, e coma froito de varios meses de traballo veñen de estrear unha aplicación para o iPad na que podemos ver coma os textos en papel evolucionaron dun xeito bastante natural no dispositivo de Apple, de xeito que achega unha experiencia de lectura moi semellante á dos soportes impresos, pero engadíndolle innovacións como a posibilidade de escribir notas (que poden compartirse cos amigos en tempo real), marcar texto, realizar exercicios e tests para medir o noso nivel de comprensión, utilizar un buscador interno, integrar elementos interactivos (coma películas, obxectos tridimensionais ou visitas guiadas) e a posibilidade de adquirir libros completos ou capítulos soltos.
Con esta ferramenta búscase elevar o libro de texto a un elemento interactivo, á vez que se establece unha rede social dedicada ao aprendizaxe, que incluso permitirá a realización de preguntas sobre o temario que poderán resolver tanto os alumnos coma os profesores, o que podería supor toda unha revolución para a educación.


Demostración das posibilidades da aplicación de Inkling para o iPad

PUBLICIDADE