Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Inician unha acción blogueira contra ETA

venres 31 de xullo do 2009, por Marcus Fernández | Enviar por e-mail | Chuza! | Compartir

O betanceiro Nacho de la Fuente inicia dende o seu popular blog La Huella Digital un chamamento á blogosfera para instar aos blogueiros a participar nunha Acción Global contra ETA, a banda terrorista que leva 50 anos actuando en España e que suma máis de 820 vítimas mortais.
O sistema de participación proposto é moi sinxelo, e consistiría en escribir unha entrada única, sen palabras e sen imaxes na que se dixese unicamente «NO A ETA» no seu título, entendéndose como unha entrada en silencio para reflectir o rexeitamento á violencia terrorista e como sinal de respecto ás súas vítimas.
Tamén pide a adhesión ao grupo de Facebook baixo o título ETA, DÉJANOS EN PAZ que xa supera o cento de membros.

Publicidade:





Caixa Galicia













Revista en PDF:
Descárgaa xa