Iniciador Galicia revisará o impacto da Internet no sector do viño
luns 31 de xaneiro do 2011, por |
Tras
unha intensa
entrada de ano por parte de Iniciador Galicia, o evento de emprendedores
tecnolóxicos trasládase o vindeiro 11 de febreiro ao Centro Comarcal de O Ribeiro en Ribadavia,
para celebrar unha xornada na que o viño será o eixe central para destacar o
papel que está a xogar a Internet nos cambios do seu modelo de negocio.
A asistencia á xuntanza é libre e de balde, estando especialmente dirixido a
profesionais e emprendedores do sector TIC para que poidan tecer redes entre
eles, e contará con presentación sobre a temática a tratar a cargo de Faustino
Sotelo, empresario vitivinícola ourensán da adega Pazo Casanova, Greg Pêvot, emprendedor e
experto en comercialización de viño a través de Boottle
e Javier Varela,
de Toctoc Media, quen recibiu
o Premio EGANET 2010 á Mellor Estratexia de Publicidade e Marketing Online
polas súas campañas coa adega
Paco&Lola.
Esta entrega de Iniciador Galicia botará a andar o mencionado venres ás 19:00
horas, e os interesados en participar poden inscribirse a
través de Facebook ou por correo
electrónico. O evento conta coa colaboración da Concellería de Promoción Económica de Ribadavia.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















