Iniciador Galicia integrarase o vindeiro venres no Congreso de AJE Galicia

mércores, 4 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Diego Mariño compartiu cos asistentes os seus coñecementos sobre o emprendemento tecnolóxicoEnmarcado no V Congreso Internacional de AJE Galicia o vindeiro venres ás 10:50 horas terá lugar unha conferencia de Iniciador Galicia que levará por título Mitos e verdades sobre a túa primeira start up co que o fundador de Abiquo e Ducksboard, Diego Mariño, compartirá a súa experiencia como emprendedor do sector tecnolóxico, sendo esta actividade de carácter gratuíto, permitindo aos que se inscriban á mesma a participación no relatorio que terá lugar no mesmo recinto a continuación no que Richard Stallman amosará os seus argumentos a favor dunha sociedade dixital libre.
Lembremos que Diego Mariño fundou a plataforma de cloud computing Abiquo en 2006 (cando só tiña 23 anos) pechando 2010 cun investimento total de 15 millóns de dólares e oficinas en 3 países. Tras tal éxito, e continuando co seu espírito emprendedor, Mariño iniciou hai pouco un novo proxecto, Ducksboard, que vén de pechar unha primeira rolda de financiamento de 560.000 euros, o que serve para ilustrar o potencial deste sector, que continúa a atraer investimentos pese á conxuntura económica actual.

PUBLICIDADE