Iniciador Galicia achegouse ao mundo do motor

xoves, 10 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Durante o presente ano Iniciador Galicia está a reformularse, intercalando encontros no seu formato tradicional con monográficos coma o que esta tarde tivo lugar no Club Financeiro de Vigo, dedicado ao mundo do motor, con varias perspectivas, de xeito que abordouse tanto o negocio tradicional (por parte de María Caeiro. conselleira delegada da rede de concesionarios Renault Caeiro) como a súa aproximación dende o sector TIC, en concreto a través dos casos de éxito Iñaki Arrola (emprendedor que revolucionou o xeito de vender coches a través de Coches.com e Autodescuento) e Daniel Seijo (responsable de DiarioMotor, blog comercial sobre coches fundado en 2005 e líder na súa categoría en fala hispana).
Tras as intervención iniciais dos 3 relatores mencionados, Juan Güell presentou RedInvest, unha rede de business angels do Club Financeiro de Vigo, que está a buscar proxectos nos que investir, polo que tal iniciativa resulta de grande interese para os asistentes, entre os que hai motos emprendedores de base tecnolóxica.
O encontro serviu así para achegar diversidade de pareceres, deixando en evidencia o feito de que existen numerosos proxectos prometedores e capital para investir nos mesmos, resultando complicado casar ambos mundos, o que claramente beneficiaría a ambas partes, polo que é preciso que continúen os esforzos para mellorar a comunicación entre os distintos axentes do emprendemento tecnolóxico en Galicia.