Inforhouse achega este xoves 23 unha xornada sobre a Lei Antifraude

martes, 21 de marzo do 2023 S. P.

A empresa tecnolóxica Inforhouse, con sede en Santiago e con tres décadas de experiencia en materia de consultoría avanzada e solucións informáticas de xestión, organiza este xoves 23 de marzo unha xuntanza empresarial para informar ás pemes da nosa terra dos detalles e das implicacións da nova Lei Antifraude, dos requirimentos en contabilidade e facturación que implica o seu cumprimento, das sancións que pode implicar a lei e das necesidades no referente á certificación e prestacións das aplicacións informáticas de xestión.
Esta sesión, organizada coa colaboración de SAGE Spain, terá lugar no Centro Gaiástech, na Cidade da Cultura, en horario de 16.15 a 17.15 horas, e poderase asistir de forma presencial ou ben a través da plataforma streaming.
As inscricións poden realizarse na propia web de Gaiástech ou accedendo a través da web de Inforhouse.
Como dixemos o obxectivo da sesión é botar luz sobre a Lei Antifraude, coa que chegan novas legais importantes que afectan a autónomos, pemes, asesorías e despachos profesionais. O obxectivo con esta sesión é revisar estas novas que afectan á Lei Xeral Tributaria pero, sobre todo, ao software de contabilidade e facturación das empresas, o cal deberá estar certificado e adaptado a unha serie de medidas antifraude. Co cumprimento da nova Lei, as pequenas e medianas empresas poderán evitar multas e sancións.

PUBLICIDADE