Ineo presenta unha nova xunta directiva con poucos cambios

xoves, 4 de novembro do 2010 Fernando Sarasketa

Jorge Cebreiros repite como presidente de Ineo

A asociación empresarial Ineo celebrou o pasado 21 de outubro unha serie de actividades dirixidas a afianzar as posibilidades de futuro das empresas galegas do sector TIC. Por unha banda, desenvolveuse no Hotel Porta do Camiño de Santiago un encontro para favorecer a participación das nosas empresas do sector tecnolóxico-dixital no futuro da innovación do transporte a nivel europeo. Pola outra, convocouse aos socios de Ineo para a unha nova asemblea xeral dos integrantes da asociación, seguida da reunión da xunta directiva para a elección de cargos entre os devanditos membros. Segundo se fai saber dende a plataforma empresarial con sede en Vigo, logo da devandita xuntanza a xunta directiva de Ineo vai proseguir con Jorge Cebreiros á cabeza da entidade, compatibilizando o labor de presidente co seu cargo de director na empresa InfoJC.
O resto da xunta directiva quedaría deste xeito:
· Vicepresidente: Enrique Pérez Barros_ SAEC-DATA S.A.
· Secretario-Tesoureiro: César Blanco Gómez- ACADEMIA POSTAL VIGO S.L.
· Voceiro: Carlos Suárez Rey _EDISA SISTEMAS DE INFORMACIÓN S.A.
· Voceiro: Javier Grandal Bouza_ ARTEIXO TELECOM S.A
· Voceiro: Roberto Pérez Marijuán_ VISUAL PUBLINET S.L
· Voceiro: Gerardo Crespo Riestra_ GECRERI S.L.
· Voceiro Nato Presidente Comisión Cooperación: Adolfo Román Miralles_ ALTIA CONSULTORES S.A.
· Voceiro Nato Presidente Comisión Innovación: Javier Álvarez Osuna_ IMAXDI REAL INNOVATION S.L.
· Voceiro Nato Presidente Comisión Mercado: Carlos Abal Valverde_ OPEN-SOFT SERVICIOS INFORMATICOS S.L.
Logo da resolución, a xunta directiva de Ineo quixo manifestar o seu agradecemento ao labor e á dedicación dirixidos á boa marcha da entidade durante os últimos catro anos por parte dos dous membros que deixan de formar parte da dirección: Javier Regueira e Rafael Valcarce. “Ao mesmo tempo”, subliña a asociación galega, “desexamos darlle a benvida ás dúas novas incorporacións que, sen dúbida, representan un reforzo dentro da xunta directiva para afrontar a importante tarefa que lle corresponde”.

PUBLICIDADE