SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Ineo informará o xoves 9 das implicacións e potenciais do Fondo i2C

venres 3 de febreiro do 2012, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

JPEG - 909.6 KB
Jorge Cebreiros, presidente de Ineo, nunha xuntanza recente coas empresas do sector TIC

O vindeiro xoves, 9 de febreiro, a Asociación Ineo ten programado un encontro profesional de divulgación, flexíbel e participativo, para dar conta das posibilidades de crecemento empresarial para o noso sector TIC que achega o Fondo i2C. A cita será ás 14.00 horas, no restaurante O Croque, en Vigo, e terá feitura de sobremesa. Contará coa presenza de Juan M. Cividantes Roger, director xeral de Xesgalicia SGECR, e Ricardo Méndez Rey, director de Investimentos do Fondo i2C.
Este fondo, sinala Ineo, é un importante acubillo orzamentario de capital risco dotado no seu punto de partida con 20 millóns de euros. Da man da Consellería de Economía, trátase dunha proposta de investimento na que colaboran algunhas das entidades e profesionais da nosa terra máis importantes do sector produtivo, en labores de asesoramento principalmente, é o caso de Ineo, que vai participar como experto externo para a análise de proxectos e, tamén, no control e no seguimento dos investimentos que se leven a cabo. As persoas interesadas Os socios de Ineo interesados en participar neste encontro deberán poñerse en contacto coa asociación, a través de administracion@ineo.org.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS