Industria non regulará as redes P2P

martes, 26 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Joan Clos, Ministro de Industria

Unha entrevista ó ministro Joan Clos publicada en El País está a dar moito que falar, xa que consultado sobre pola posible regulación das descargas a través da Internet Clos respondeu que “non imos a intentalo de novo. Todo o proceso de descargas pola Internet está medrando moitísimo e é practicamente imposible regulalo de xeito eficiente. Estamos no bando dos que promovemos a liberdade”.
Se ben, a liberdade e as redes P2P non parecen ter moito que ver, o feito de que o Ministerio de Industria non vaia a regular a práctica das descargas está a ser considerado como unha vitoria por parte dos usuarios da Internet.
Hai que considera que isto só sería un primeiro paso, e que habería que racionalizar elementos coma o canon dixital, que está a converterse nun sistema de subvención para os artistas, que deberían buscar xeitos de adaptarse ós cambios que se están a producir no seu sector.
Pero Ros non só falou das descargas de ficheiros a través da Rede, senón que tamén comentou na entrevista para El País, que están a traballar para regulación do audiovisual pero considerando difícil que a tan comentada Lei do Audiovisual se poida concretar nesta lexislatura, aínda que o que si chegará antes das vindeiras eleccións xerais será o concurso de licenzas de televisión dixital móbil, pois xa están a preparar o procedemento concesional.

PUBLICIDADE