Inditex quere fichar á presidenta de Microsoft España como conselleira independente

xoves, 14 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Esta semana Inditex presentou ao seu Consello de Administración para a súa elevación á Xunta Xeral de Accionistas a proposta de nomeamento de Pilar López Álvarez, presidenta de Microsoft España, como membro do Consello de Administración coa cualificación de conselleira independente en substitución de Carlos Espinosa de los Monteros, que finaliza o seu mandato o 15 de xullo.
López leva na presidencia de Microsoft España dende xullo de 2015, tras ter ocupado postos de responsabilidade en Telefónica e J.P. Morgan, de xeito que parece especialmente atinada para contribuír a Inditex na súa dixitalización, dado o seu amplo coñecemento do sector dixital e das TIC, considerado actualmente como prioritario pola compañía de Arteixo.
A incorporación desta nova conselleira tamén contribúa a reducir a reducir a antigüidade media dos conselleiros independentes (un dos obxectivos que se tiñan fixado) e tamén contribúe a incrementar o número de conselleiras do total dos membros do Consello de Administración.

PUBLICIDADE