Increméntase a dispoñibilidade da telemedicina nos centros de saúde galegos

venres, 22 de abril do 2011 Redacción

O 45,93% dos centros de saúde de toda Galicia contan con solucións de telemedicina implantadas na actualidade. A Consellería de Sanidade está a desenvolver en todas as xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, a través do emprego de novas tecnoloxías, programas de potenciación da telemedicina como a teledermatoloxía, teleoftalmoloxía, telepneumoloxía, teleendocrinoloxía, teleneuroloxía, e radiodiagnóstico.
Esta actuación responde aos obxectivos recollidos no Plan de Tecnoloxías da Información, enmarcado na Estratexia do SERGAS 2014, no eido das probas diagnósticas e terapéuticas, de mellora das actuacións iniciadas polo Servizo Galego de Saúde como o impulso da telemedicina; a protocolización da petición de probas para eliminar a variabilidade clínica; a introdución de medios diagnósticos en centros de saúde, hospitais, urxencias e PAC; ou a petición electrónica de probas; entre outros.
A aposta por continuar incrementando a capacidade resolutiva da Atención Primaria redunda nunha atención máis rápida, mellor e máis segura para os pacientes. Así, evítanse os desprazamentos aos seus hospitais de referencia na medida do posible, evita tamén a duplicidade e repetición de probas, favorece a axilización dun diagnóstico, diminúe a ansiedade no paciente pola demora do proceso diagnóstico, produce unha redución de custes asociados á visitas sucesivas, e aumentan a satisfacción dos pacientes ao ver reducida a súa espera.

Telemedicina Implantada
INICIO
2006
2007
2008
2009
2010

% centros de AP

7,6%
11%
12,91%
19,30%
29,19%
45,93%

% profesionais médicos

0,1%
2,38%
5,11%
9,64%
12,97%
17,22%

Nº de interconsultas

-
413
1.145
3.186
4.382
8.511


A realización de probas diagnósticas dixitais (como a retinografía dixital, …) en Atención Primaria permiten aos profesionais de medicina de familia médicos de familia valorar esta proba en primeira instancia. Se o médico atopa algunha indicación de patoloxía, esa mesma proba é remitida vía dixital (telemedicina) ao especialista correspondente (de oftalmoloxia, neumoloxía, dermatoloxía…) que, pudendo acceder a esa imaxe, é quen valora o tipo de consulta que precisa e a súa prioridade.
O Servizo Galego de Saúde realiza un importante esforzo para facilitar aos profesionais sanitarios as ferramentas axeitadas, tanto de formación como de equipamentos, para continuar estendendo programas de diagnóstico precoz de enfermidades e de actividades preventivas. Neste contexto, vense incrementando a dotación aos centros de saúde da tecnoloxía necesaria para que os profesionais realicen técnicas diagnósticas como retinografías, ecografías, teledermatoloxía e dermatoscopia, espirometría, monitorización da presión arterial, ou doppler, entre outros, que redundan nun incremento da carteira de servizos.
O desenvolvemento destas probas no primeiro nivel asistencial enmárcase no obxectivo de incrementar a capacidade resolutiva da atención primaria e evitar as derivacións innecesarias aos hospitais.
Isto implica unha gran coordinación e integración dos niveis asistencias é posible grazas á dispoñer dunha ferramental fundamental, a historia clínica electrónica, que posibilita esa comunicación entre Atención Primaria e Especializada.


Declaracións de Pilar Farjas sobre a situación da telemedicina no SERGAS

Máis de 40.000 profesionais inscribíronse durante o 2010 nos cursos específicos de formación en liña

O portal web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ofrece na actualidade un total de nove servizos en liña para os profesionais. O 100% dos profesionais contan con acceso á Oficina Virtual do Profesional (FIDES) e tramitaron durante o pasado ano 2010 un total de 38.224 solicitudes sobre servizos personalizados como consulta de retribucións, expediente de carreira profesional, solicitude de permisos, petición de certificados e, en xeral, a información e procedementos relativos á súa relación laboral con calquera dos centros cos que teña ou tivera algunha vinculación laboral.
Os profesionais cada vez empregan mais esta ferramenta, experimentando un importante incremento nos últimos anos. Actualmente todos os profesionais da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde poden acceder a esta oficina, e dende que entrou en funcionamento realizáronse un total de 71.632 tramitacións.
A teleformación ou formación e-learning é unha das aplicacións máis empregadas polo persoal adscrito á Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, facilitando a formación específica a distancia. Durante o 2010 impartíronse un total de 142 cursos nos que se inscribiron 40.343 profesionais. Tamén destaca o emprego de Bibliosaúde, a biblioteca virtual a disposición de todos os profesionais, que rexistrou neste mesmo período un total de 261.256 accesos.
A xestión de listas temporais de contratración é outra das ferramentas dispoñibles, cun número total de 115.599 chamadas realizadas, e con 3.597 SMS enviados.
Entre outros servizos on-line dispoñibles para os profesionais sanitarios tamén destacan os rexistros específicos de centros e establecementos sanitarios, as alertas farmacéuticas, a xestión de trazabilidade de matadoiros, a xestión de incapacidade temporal, ou os servizos de alarmas nos ordenadores dos centros de saúde e nos puntos de atención continuada.

PROFESIONAIS
2006
2007
2008
2009
2010

Nº servizos en liña

1
5
6
8
9

Nº solicitudes tramitadas

-
605
16.491
30.405
38.224

Nº usuarios matriculados

e-learning
 
304
 
812
 
11.912
 
19.857
 
40.343

PUBLICIDADE