Incidencia no acceso vía web a Gmail

martes, 1 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A incidencia de Gmail quedou rexistrada no App Status Dashboard

Durante esta noite en España padeceuse unha caída do servizo de correo electrónico de Google, Gmail, de xeito que millóns de usuarios de todo o mundo víronse incapaces de acceder ao mesmo a través da web, aínda que a través de IMAP e POP3 (e incluso iGoogle) continuou a operar sen problemas. O corte do servizo web foi de preto de hora e media, o que levou a milleiros de usuarios a tirar de distintas plataformas de redes sociais para comentar os seus problemas de acceso, o que serviu para tomar o pulso esta incidencia que xa están a investigar os técnicos de Google para evitar a súa repetición no futuro.
Este tipo de problemas son bastante pouco frecuentes, pero cando se producen durante un tempo prolongado fannos tomar consciencia da dependencia que actualmente temos dos servizos de Google.

PUBLICIDADE