ImaxÃn dá a coñecer o tradutor automático portugués-galego, bidireccional e libre
venres, 6 de xuño do 2008
O galego e o portugués, para moitos unha pequena variación sobre unha mesma cousa (que hai tempo e por razóns impostas por outros tomaron camiños diferentes), semellan cada vez máis preto no virtual. Dito doutro xeito: é coma se a Rede estivese a contribuÃr a recuperar o tempo perdido. De achegar culturas irmáns vÃa ferramentas tecnolóxicas é do que trata a nova proposta da empresa de Santiago Imaxin e máis do Grupo Talg da Universidade de Vigo e de Paulo Gamallo, da USC: o Opentrad galego-español-portugués, que, por certo, xa estamos a empregar en Código Cero. O desenvolvemento, tal e como o seu propio nome indica, consiste nun engadido ao OpenTrad (ferramenta de tradución xa existente e empregada por múltiples internautas e mesmo por medios de comunicación) que o posibilita para a translación de textos e webs entre as ditas linguas, incluÃndo unha base de datos con doce mil termos.
Asemade, contribúe –coa súa ollada cara a lusofonÃa, da que formamos parte- a corrixir o que a xuÃzo dos responsables desta proposta tecnolóxica é un erro non só aplicable ás novas tecnoloxÃas: a teima de coller emprestados do inglés termos que ben puidéramos ter atopado no latinismo e, máis polo miúdo, no portugués.
A ferramenta, que tamén nos sitúa un pouco máis preto da que xa é por dereito propio unha das grandes potencias económicas mundiais, Brasil (de feito, xa hai moitos analistas que queren que se inclúe xa no grupo G-8, por diante de Rusia), foi presentada este xoves en Compostela por Xavier Alcalá (enxeñeiro de Telecomunicacións e escritor), Diego Vázquez e Jose Ramon Pichel (ambos os dous de Imaxin). Entre outras moitas cousas, todos eles fixeron fincapé no respecto que cómpre ter cara a lingua e a cultura das persoas, institucións ou empresas coas que te comunicas, e, xa que cada vez nos comunicamos máis con Portugal e Brasil, xa vai sendo o tempo de deixar de lado o castelán para facelo. E máis tendo en conta este dato: Galiza é a primeira comunidade en volume de importacións dende Portugal.
Entre as grandes caracterÃsticas do OpenTrad galego-español-portugués, atopamos estas: bidireccionalidade entre as tres linguas incluÃdas, o uso de código aberto (que abre vÃas importantes de colaboración con outros grupos de desenvolvedores) e opcións de personalización dos resultados. Segundo informan os responsables desta ferramenta, a nova aplicación do OpenTrad permite afacer o tradutor ao libro de estilo dunha empresa ou medio informativo, adaptándose el mesmo aos fondos textuais dunha fonte coa finalidade de achegar unha tradución máis precisa.
A ferramenta aparece estes dÃas reflectida polo miúdo na web do PEGSI de Innovación e máis en Vieiros, entre outros moitos sitios.