Ilegalizan en Australia o PS Jailbreak
venres, 3 de setembro do 2010
Pese a que hai
anos un polémico xuÃzo en Australia considerou que chipear consolas de videoxogos era totalmente legal por servir para
máis fins que piratear xogos, parece
ser que tal decisión non sentaba un precedente coma moitos pensaban, pois cada
caso ten as súas circunstancias, e despois de que Sony emprendese accións
legais contra o fabricante do dispositivo USB que conseguiu desprotexer a
seguridade da PlayStation 3, o PS Jailbreak, temos que non só ditouse un
bloqueo temporal da distribución do produto, senón que a
decisión xudicial parece consolidarse, e aÃnda que a batalla xudicial aÃnda
non rematase, supón unha vitoria pÃrrica para Sony, que sae coa súa polo
momento e emprende
tamén accións legais contra outros revendedores do PS Jailbreak nos EE.UU.
Comentamos a temporalidade da vitoria
de Sony porque actualmente xa hai varios clons do PS Jailbreak a piques de
chegar ao mercado e incluso apareceu unha versión de código aberto que está a
dar pé a múltiples solucións para liberar a PS3 a prezos reducidos, polo que
entendemos que a consola de Sony vai ter que actualizar o seu firmware para
evitar que estas novas técnicas afecten negativamente ás vendas dos xogos para
súa plataforma, xa que non podemos esquecer que todas estas técnicas que liberan a PS3 fanse a través de USB,
polo que moitos usuarios poden atreverse
con elas por non precisar da apertura fÃsica da consola e os riscos que supón,
aÃnda que cómpre destacar que as consolas modificadas
poderán ser detectadas por Sony, de xeito que poderÃan quedar vetadas no xogo
en liña, o que suporÃa un importante atranco, como tamén acontece co pirateo da Xbox 360.
