Ideaspropias amplia o seu servizo de ensino electrónico

xoves, 22 de agosto do 2013 Redacción

Ideaspropias Editorial ampliou o seu catálogo de contidos e-learning e pon a disposición dos seus clientes máis de 300 cursos de vinte áreas de contido entre os que poden seleccionar o que mellor se adapte ás súas necesidades. Ademais, por primeira vez ofrece un servizo de titorías para os seus cursos de catálogo, con expertos na materia que estarán en permanente contacto co alumno para favorecer un maior aproveitamento do curso.
As solucións e-learning de Ideaspropias Editorial xestiónanse a través da plataforma SELF, albergada na nube e que cumpre coa especificación internacional SCORM. Esta plataforma permite ao cliente unha total autonomía na xestión e dos seus cursos de forma sinxela: poden personalizala, xestionar os cursos e alumnos, imprimir diplomas, etc. e ofrece como novidade un novo rol: o xestor de contidos, que pode crear cursos propios a través da novidosa ferramenta de autor da plataforma e tamén importar cursos SCORM creados externamente.
O catálogo de e-learning que presenta Ideaspropias Editorial está en constante actualización e abarca unha ampla variedade de temáticas, entre as que se ofrecen contidos de formación transversais (Administración de empresas, Hostalaría, Idiomas, Prevención, calidade e medio, etc.) e sectoriais (Comercio, Educación, Sanidade, Servizos á comunidade, TIC, etc.).

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE