IU prepara un xornal dixital con información de esquerdas

venres, 6 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O secretario de Comunicación Externa e Electoral de Izquierda Unida, Ángel Pérez, explicou hoxe que a súa formación prepara unha vía de comunicación alternativa aproveitando as posibilidades da Internet, co obxectivo de trasladar directamente e con nitidez as súas propostas á sociedade, de forma complementaria á información que ofrecen os medios de comunicación tradicionais, e logrando unha maior coordinación das máis de 600 páxinas web e blogs relacionados con IU na actualidade.
O novo medio pretendería trasladar á sociedade as propostas da formación política, pero non queren que se limite a información de IU senón que tamén sirva de plataforma para «información alternativa que chegue e interese a ese contorno de esquerdas».
O novo periódico dixital aínda non ten nin unha nome definido nin unha data de lanzamento estimada, aínda que é de agardar que se estrea antes das eleccións europeas de xuño.

PUBLICIDADE