INEO analiza as realidades e os mitos da internacionalización empresarial
luns, 21 de maio do 2012
Nos tempos que corren é fundamental que as empresas (sobre todo as ligadas
ás TIC), busquen novas oportunidades no exterior, en mercados emerxentes ou xa
consolidados, onde, a través dos seus produtos e servizos, poidan xerar demanda
e seguir a ser competitivas alén das nosas fronteiras.
Porén todo proceso de internacionalización implica unha serie de pasos a
seguir que nin sempre se coñecen, nin sempre se está preparado dabondo para
levar a cabo.
Niso precisamente pensaron os responsables do Foro da Internacionalización que
vai a celebrar INEO mañá martes, 22 de
maio, no Salón Galicia da Confederación de Empresarios de Pontevedra, no que se
achegarán as claves deste proceso.
Baixo o tÃtulo de Foro sobre realidades e mitos da
Internacionalización, o director de Comercio Exterior do Banco Sabadell,
Francisco Javier BalbÃn, impartirá unha charla maxistral sobre as vantaxes e
dificultades polas que debe pasar unha empresa para abrirse camiño no eido internacional,
asà como as situacións ás que debe enfrontarse para chegar a bo porto neste
periplo.
O Foro, que é de balde para as empresas asociadas, será inaugurado por
LucÃa Gregorio, directora xeral de INEO, e o presidente de INEO e de CONETIC,
Jorge Cebreiros, quen se encargará tamén de clausuralo ás 13:00 horas.
As prazas son limitadas e a inscrición pode realizarse no teléfono 986 112
570 ou ben enviando un correo a administracion@ineo.org,
achegando datos persoais e os da empresa á que pertence.
O prezo para as entidades non asociadas a INEO é de 40€ máis IVE.
