HyperOS substituirá a MIUI na vindeira xeración de móbiles de Xiaomi

martes, 17 de outubro do 2023 Marcus Fernández

Os móbiles de Xiaomi historicamente funcionan cunha versión personalizada de Android coñecida como MIUI, pero o director xeral do fabricante chinés vén de anunciar un novo sistema operativo, Xiaomi HyperOS, que ten previsto ver a luz coa familia de móbiles Xiaomi 14.
A idea de Xiaomi con este cambio de sistema operativo é conseguir unha boa interacción entre usuarios, dispositivos conectados e incluso vehículos, consolidando un ecosistema de dispositivos e aplicacións, asegurando Lei Jun que esta nova plataforma é froito dun longo traballo que comezaron en 2017.
O mes que vén anunciarán máis detalles sobre HyperOS, deixando claro que inicialmente verá a luz nas versións chinesas dos móbiles de Xiaomi, sen desvelar aínda como farán internacionalmente.

PUBLICIDADE