Huawei presenta un móbil Android con interface de uso 3D
mércores, 3 de agosto do 2011
Mentres
varios fabricantes están a lanzar móbiles con Android e pantalla
autoestereoscópica para ofrecer unha experiencia 3D sen lentes dende Huawei
achéganse a tal tendencia dun xeito diferente, e anuncian
o Huawei Vision, un novo terminal con Android 2.3, procesador Qualcomm
MSM8255 a 1 GHz e pantalla capacitiva de 3,7 polgadas que presenta unha
interface de uso 3D (non estereoscópico) que pode resultar bastante atractiva
visualmente.
Este novo terminal tamén ten unha elegante carcasa uni-body, cun deseño redondeado e só 9,9 milÃmetros de grosor, o
que combina a perfección en só 121 gramos de peso. Tamén conta cunha cámara de
5 MpÃxeles con enfoque automático e flash LED capaz de gravar vÃdeo a 720p,
Bluetooth 2.1 e Wi-Fi N.
O Huawei Vision chegará ás tendas en setembro e incluirá varios xogos
preinstalados como Angry Birds, Asphalt 6: Adrenaline, Order & Chaos Online e Guerrilla Bobo HD.