Hot or Not chega ao iPhone

venres, 23 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A popular web de valoración de imaxes de persoas que buscan que o público puntúe do 1 ao 10 o seu atractivo, HotorNot.com, salta do ordenador ao iPhone e o iPod Touch a través dunha aplicación de balde que nos permite xulgar de xeito rápido e doado se as fotografías que vemos en pantalla son quentes.
A plataforma tamén pode empregarse como rede social para coñecer xente, para o que a aplicación pode empregar o GPS do iPhone para restrinxir os resultados que amosa e, de estar rexistrado no servizo, incluso podemos utilizar as fotografías captadas co iPhone para a súa publicación directa na web do servizo (aínda que moitas das prestacións están abertas ao público xeral).
De todos os xeitos, o principal uso deste tipo de aplicacións é máis lúdico que social, polo que é de agardar que a xente utilice Hot or Not coma un pasatempo en momentos de lecer e non como un xeito de buscar parella (en boa medida porque o usuario que publica unhas imaxes non é sempre a persoa que se ve nas mesmas).

PUBLICIDADE