Hospedaxes renova a súa páxina web

martes, 2 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A empresa coruñesa de servizos orientados á web, Hospedaxes, vén de renovar a súa páxina web para adaptarse ás necesidades que foron xurdindo do mercado, entre os que destaca a remodelación completa da sección de hospedaxe web, na que se poden contratar os seus plans en liña (pagando tanto por transferencia bancarias coma por medios telemáticos) e incorporando á súa oferta a posibilidade de securizar transaccións (algo fundamental para páxinas comerciais).
Tamén incorporan á súa web listaxes de ofertas (entre as que destacan a posibilidade de probar de balde un hosting durante unha semana) e o seu portafolio de traballos actualizado, conservando un blog (que se adaptou á nova imaxe da web) e a posibilidade de consultar os contidos en galego e español.

PUBLICIDADE