HTC presenta o seu primeiro móbil con Android e 4G
mércores, 24 de marzo do 2010
Nas últimas semanas
en certos foros comentaban o anuncio dun prometedor terminal de telefonÃa móbil
con Android chamado HTC Supersonic, e ao igual que o HTC Bravo finalmente
chamouse HTC Desire, desta volta o nome definitivo foi HTC
EVO 4G, que é un terminal con pantalla de 4,3 polgadas cunha
resolución de 800 x 554 pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon a 1 GHz, 1 Gb
de ROM, 512 Mb de RAM, tarxeta microSD de 8 Gb,cámara de 8 MpÃxeles con
gravación de vÃdeo a 720p, cámara frontal de 1,3 MpÃxeles, saÃda de vÃdeo
(HDMI), Wi-Fi, baterÃa de 1.500 mAh, sistema operativo Android 2.1 coa
interface de usuario HTC Sense e soporte de Adobe Flash, conector para
auriculares estándar e sintonizador de radio FM, o que simplemente parecerÃa un dos últimos móbiles con Android de alta gama se non fose porque incorpora conectividade 4G (WiMAX) o que serve tanto para acceder á Rede a alta velocidade como para funcionar coma punto de acceso sen fÃos para ata 8 dispositivos.
A
compañÃa que porá á venda este impresionante terminal nos EE.UU. será Sprint
(que conta xa con cobertura WiMAX nalgunhas cidades norteamericanas), aÃnda que
haberá que agardar ao verán para velo nas rúas, descoñecéndose aÃnda os seus
plans de comercialización no resto do mundo, o que supomos que farase agardar posto
que as conexións 4G aÃnda non son populares nin gozan de moita demanda.
Estamos sen dúbida no smartphone de
prestacións máis avanzadas presentado ata o momento, aÃnda que posiblemente a
súa aparición busque unicamente abrir un mercado que vaia máis aló da telefonÃa
3G, aÃnda que o feito de que non anuncien o prezo do HTC EVO 4G dá a entender
que poderÃa ser moi elevado.
O HTC EVO 4G demostra en vÃdeo que é un móbil real, pese a que aÃnda falten meses para a súa comercialización