Grande éxito da aplicación para o iPhone de El Mundo

xoves, 3 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A edición dixital do xornal El Mundo xa conta cunha aplicación para o iPhone e iPod Touch que facilita o acceso dende os terminais móbiles de Apple ás novas publicadas polo periódico divididas en seccións, galerías fotográficas, vídeos, reportaxes do suplemento de viaxes, unha guía de televisión interactiva moi intuitiva dende a que consultar a programación de máis de 120 canles e incluso un apartado dende o que escoitar novas (titulares de última hora, as novas máis vistas e a información meteorolóxica, procesados a través do sintetizador de texto a voz Rosa).
En só 10 días esta ferramenta superou as 22.000 descargas e recibiu unha puntuación media de 3,5 puntos sobre 5 (unha das máis altas na súa categoría).

A aplicación tamén abre o acceso aos contidos multimedia de ElMundo.es

PUBLICIDADE