Grande afluencia de público na presentación do libro de Ineo
xoves, 17 de decembro do 2009
O libro Sistemas de Información; Ferramentas prácticas para a Xestión, vén
de ser presentado diante de preto dun cento de directivos e representantes de
empresas pertencentes aos diferentes sectores produtivos galegos, entre os que
destacou o sector TIC.
Nesta publicación, da que demos conta
onte en Código Cero, analízase como as novas
tecnoloxías se converteron no “soporte
fundamental” para a xestión de calquera
organización e para o aumento dos niveis de produtividade e competitividade de
calquera empresa.
A utilidade da publicación vén dada principalmente polo seu carácter funcional
e práctico, dende a perspectiva da
aplicación real das TIC nas empresas e non dende un
punto de vista puramente tecnolóxico.
Trátase dun libro que tivo unha
extraordinaria acollida no ámbito académico e que actualmente se emprega como
libro de referencia en máis de 50 Universidades de España e Latino América en
carreiras como Empresariais ou Enxeñarías.
Dada a importancia da publicación para o sector de Novas Tecnoloxías e para o
conxunto do empresariado galego en xeral, o acto contou coa presenza da máxima
responsable do goberno autonómico en materia de modernización tecnolóxica, a
Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica de la
Xunta de Galicia, Maria del Mar
Pereira.
Un acto celebrado en Vigo, no edificio de Oficinas
do Consorcio da Zona Franca e
organizado por Ineo a asociación TIC de referencia
en Galicia, que agrupa 84 empresas do sector das Novas Tecnoloxías. Tal e como
afirmou o presidente da asociación, Jorge
Cebreiros, "as
TIC convertéronse no máis importante motor de desenvolvemento económico e só as
empresas que aposten fortemente pola modernización e a innovación van poder
sobrevivir no contexto do mercado actual".
Os propios autores do libro, Álvaro Gómez e Carlos Suárez, foron os encargados de
describir máis en detalle os contidos e a utilidade dun libro co que “tratan de dar
resposta ás cuestións que se formulan moitos directivos en relación coas
aplicacións
que se requiren na xestión empresarial" e que foron recollendo ao
longo dos últimos
anos grazas ao traballo e ao contacto permanente cunha gran cantidade de empresas.