Gradiant e o Campus do Mar deron a coñecer as potencialidades das convocatorias de Horizon 2020
martes, 24 de decembro do 2013
Gradiant
e o Campus do Mar veñen de
organizar dúas
xornadas de difusión sobre as convocatorias do novo Programa
Marco Europeo Horizon 2020, grazas ó apoio de programa europeo
LiftGate. As xornadas estiveron dirixidas a investigadores e persoal
interno, e comezaron coa análise das características das distintas
liñas de traballo que contén o Programa Marco. Tamén se abordaron
asuntos de utilidade de cara ás convocatorias que comezaron xa en
decembro.
As
sesións contaron coa presenza e a participación de expertos e
expertas que explicaron polo miúdo as características que deberán
de ter os proxectos que se vaian presentar á financiamento
do Programa Marco. Para iso, incidiron especialmente no estudo de
casos prácticos de éxito nas convocatorias anteriores, nomeadamente
iniciativas do Sétimo
Programa Marco.
Lembrar
que o centro galego Gradiant
atesoura
unha
importante bagaxe no que se refire a
proxectos deste
seventh
framework,
polo que o seu responsábel
de proxectos europeos do Centro Tecnolóxico, Marcos Álvarez,
resultou
ser o relator
ideal para explicar as boas prácticas neste eido. Por
último, salientar que Horizon
2020 abrangue
un investimento
de 70 mil millóns de Euros en proxectos de I+D+i, repartidos entre
os anos 2014 e 2020.