Gradiant avalía este venres os proxectos galegos abeirados ao Programa Europeo REGPOT

xoves, 4 de setembro do 2014 Redacción

A sede de Gradiant no Campus de Vigo (edificio CITEXVI) vai acoller este venres, a partir das 10.00 horas, unha xornada dirixida a avaliar o impacto e o retorno de tres proxectos financiados a través do Programa Europeo REGPOT. Trátase dos proxectos LIFTGATE (Gradiant), BIOCAPS (Instituto Biomédico de Vigo) e FAIERA (Aimen). Estas tres iniciativas, que converten á nosa terra nun caso excepcional en Europa e en materia de I+D, suman un retorno de 8,5 millóns de euros para Galicia.
Segundo avanza Gradiant, “por si mesmos contribúen a elevar a marca de calidade do I+D+i galego a nivel europeo en tres ámbitos de relevancia como son as TIC, a biomedicina e a fabricación avanzada”. Avalialos en detalle ó gran obxectivo da xeira de mañá, que contará coa presenza de Manuel Varela, director xeral da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e representantes de Gradiant, Aimen e Instituto Biomédico de Vigo
Amais de examinar o devandito nivel de retorno, tamén está previsto afondar nas posibilidades de interacción e nas posíbeis sinerxías que acubilla en relación á Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).

PUBLICIDADE