Google xestionará publicidade na prensa norteamericana

mércores, 8 de novembro do 2006

Google espalla o seu mercado publicitario, e tras varias experiencias piloto, parece que por fin saltará á prensa, de xeito que xestionará publicidade nas edicións impresas duns 50 xornais norteamericanos coma The New York Times ou o The Washington Post, co que tamén se pretende compensar a baixada de ingresos publicitarios dos medios tradicionais.
Google emprenderá o novo servizo durante este mes, permanecendo en probas durante 3 meses (durante os que non cobrará comisión pola publicidade) polo que xa propuxo esta nova canle promocional a un cento dos seus anunciantes habituais.

PUBLICIDADE