Google supera a Apple como marca máis valiosa do mundo

mércores, 21 de maio do 2014 Marcus Fernández

O estudio anual de marcas elaborado por Millward Brown coñecido como BrandZ Top 100 vén de publicar a súa edición de 2014, na que rexistran un valor de 2,9 billóns de dólares nas 100 marcas máis importantes do mundo, o que supón un crecemento do 12% sobre o ano pasado, o que resulta bastante impresionante, pois nos últimos anos este crecemento era aproximadamente da metade, o que podería ser un signo da recuperación económica global.
Un dos detalles máis salientables da listaxe coas 100 marcas máis valoradas do mundo é a recuperación do liderado por parte de Google, marca valorada en 158.843.000 dólares, superando os 147.880.000 millóns de Apple. Un ano máis as empresas tecnolóxicas seguen a ser as máis relevantes, con IBM, Microsoft, AT&T e Amazon ocupando as posicións 3, 4, 8 e 10 respectivamente. Tamén destacou Facebook por lograr ascender ata o posto 29, ou LinkedIn, que estreouse nesta relación de marcas no posto 78.
Neste Top 100 só atopamos un par de marcas españolas, como son Zara no posto 37 e Movistar no posto 46.

Relación das 10 marcas máis valoradas en 2014

PUBLICIDADE