Google recibe ao apoio da UE acerca do dereito ao esquecemento na Rede

martes, 25 de xuño do 2013 Redacción

En Google deben estar hoxe de celebración. E non é para menos, xa que que Bruxelas vén de apoiar publicamente ao xigante de Internet no caso que, como lembraremos, enfróntao á Axencia de Protección de Datos de España por mor do que se coñece como dereito ao esquecemento en Internet. O caso é que a Axencia pedía que este fose respectado e apoiado polo buscador, cousa que a este non lle interesaba porque, de facelo, estaría obrigado a borrar os contidos dos seus usuarios, unha vez que pasase un tempo razoábel e por expresa petición dos mesmos. Segundo o Tribunal de Xustiza da UE, que non ten carácter vinculante, quen ten a razón é Google.
O proceso, que rematará nuns meses coa publicación da sentencia final, comezou en 2010 cando, a AEPD tomo a decisión de pedirlle á compañía de Internet que suprimise das súas procuras as ligazóns ao anuncio publicado nun xornal dunha poxa de inmóbeis vinculada cun embargo por débedas á Seguridade Social. A Axencia defendía na súa petición á persoa que se mencionaba na dita publicidade, que fixo saber que o embargo era cousa do pasado e que xa obtivera solución dende había anos. Ao seu xuízo, non tiña porqué seguir aparecendo nos resultados das buscas de Google, e moito menos ligado ao seu nome. O buscador, ante esta situación, recorreu a situación ante a Audiencia Nacional, alegando “que corresponde á fonte orixinal da información corrixila se é incorrecta e que obrigalo a suprimila do resultado das súas buscas é un atentando contra a liberdade de expresión”.

PUBLICIDADE