Google publica unha nova API para xerar gráficos dinámicos

luns, 31 de marzo do 2008 Marcus Fernández

As solucións de creación de gráficos en Flash están a gañar popularidade, e así a semana pasada dende Soitu.es publicaron abertamente a ferramenta que empregaron para amosar os resultados dos pasados comicios electorais, e agora tamén Google fai algo semellante, dando a coñecer a Google Visualization API, que é unha interface de programación que permite crear gráficos dinámicos en formato Flash a partir dunha fonte de datos.
Esta nova ferramenta podería considerarse unha evolución da Google Chart API, pero trascende os gráficos estáticos, e premite crear presentacións moi rechamantes dos datos das nosas follas de cálculo.


Exemplo do uso da nova API

PUBLICIDADE