Google promove un formato aberto de balizas Bluetooth
mércores, 15 de xullo do 2015
Nos últimos anos emerxeron distintos proxectos para
facilitar a localización en interiores, suplindo asà unha das meirandes
carencias do GPS, conseguindo certa aceptación as solucións baseadas en balizas
Bluetooth de baixo consumo (BLE beacons)
que nos vindeiros meses poderÃan disparar a súa implantación grazas a Google,
que está
a promover agora Eddystone, un formato aberto para a xestión deste tipo de
solucións e que desenvolveron en colaboración con varios socios que traballan
nesa industria para facilitar a creación de solucións para o mundo real, ser
multi-plataforma e contar coa debida seguridade.
Eddystone serÃa unha especie de linguaxe robusta e extensible, que poderÃa
aplicarse a Android, iOS ou calquera outra plataforma que soporte balizas
Bluetooth de baixo consumo, e que está
dispoñible en GitHub baixo a licenza de código aberto Apache v2.0 para que
calquera poida facer uso desta tecnoloxÃa e incluso axudar a mellorala.
AÃnda que o uso máis popular das balizas é para sinalizar lugares públicos e
asà facilitar a exploración dun museo ou a localización dunha tenda nun centro
comercial, tamén é posible facer uso de identificadores efémeros (EID) que
cambian de frecuencia e permiten que só clientes autorizados poidan
decodificalos, o que permitirÃa que puidésemos, por exemplo, inclúe unha destas
balizas na nosa equipaxe ou nas nosas chaves, para poder localizar estes
elementos prezados en caso de perda (de aà que sexa necesario tamén coidar a
privacidade e seguridade desta tecnoloxÃa).
Para facilitar o aproveitamento de Eddystone, dende Google desenvolveron Nearby
API para Android e iOS (que fai doado atopar e comunicar con dispositivos e
balizas próximas) e a Proximity Beacon
API (que permite balizas a unha localización semántica e información
relacionada) ferramentas que están dispoñibles para os desenvolvedores, e que
farán máis doada a rápida adopción desta tecnoloxÃa.
Esta tecnoloxÃa tamén poderá medrar rapidamente, xa que as balizas Bluetooth
actuais poden soportala cunha simple actualización do seu firmware, e xa hai un grupo de
fabricantes que están a colaborar con Google para a incorporación deste
estándar aberto nos seus produtos.
Para facilitar a administración de balizas Bluetooth Eddystone tamén conta con
funcións de telemetrÃa, o que permitirá a monitorización das balizas para
detectar desprazamentos ou o seu estado de baterÃa, que son elementos de grande
interese para garantir o bo funcionamento de solucións de baixo custo.
VÃdeo no que falan sobre o desenvolvemento para balizas Bluetooth