Google presenta Friend Connect como a súa solución de sociabilización de páxinas web

xoves, 4 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Google reacciona ante o anuncio de Facebook Connect e fai o propio con Google Friend Connect, que é un servizo do que xa falamos en maio e que permite que os responsables de páxinas web incorporen elementos da web social valéndose da plataforma de identificación de usuarios de Google, así como das súas función de interacción que permiten a relación entre usuarios sen que teñan que rexistrase en cada unha das webs nas que queiran participar. Amais, o sistema non só funciona con contas de Google, senón que tamén acepta as de Yahoo, AOL e OpenID (coma GalizaID).
As webs que empreguen Friend Connect se converten en contedores de OpenSocial, capaces de correr aplicacións desenvolvidas pola comunidade de desenvolvedores desta plataforma, polo que nos vindeiros meses poderemos ver cousas moi orixinais e interesantes para a aplicación destas innovacións que avanzan na sociabilidade das webs.

PUBLICIDADE