Google prepara un servizo de subscrición a aplicacións de pagamento
xoves, 1 de agosto do 2019
En
marzo presentouse Apple Arcade, un servizo de subscrición de videoxogos
para dispositivos de Apple (dende dispositivos móbiles até os Apple TV, pasando
por ordenadores persoais) e aÃnda que os detalles deste servizo non se coñecerán
até setembro, dende Google xa están a preparar a resposta, e recoñeceron
estar a probar un servizo chamado Play Pass, que por 4,99 dólares/mes (prezo
suxeito a cambios) ofrecerÃa o acceso a unha selección de aplicacións de
pagamento que irÃan dende monitores de actividade até quebracabezas, que ofrecerÃanse
sen publicidade e sen compras dentro da aplicación, ou sexa, que as aplicacións
estarÃan completas dentro do prezo da subscrición.
No caso de Android será curioso comprobar se realmente hai mercado para un
servizo de subscrición de aplicacións, xa que tradicionalmente os usuarios de
Android están menos afeitos a pagar polas aplicacións móbiles, e en tal
plataforma o que imperan son as aplicacións de balde con compras integradas ou
publicidade.