Google podería ter que deixar de chamar Android ao seu S.O. móbil

venres, 8 de maio do 2009 Marcus Fernández

O sistema operativo móbil promovido por Google, Android, podería ter que cambiar de nome por coincidir coa marca Android Data Corporation rexistrada en 2000, e polo que a Google xa se lle denegara o rexistro de tal marca, o que levou ao seu propietario, Eric Specht, a demandar a Google e a outras compañías involucradas no Android (coma Telefónica, Vodafone, LG, HTC, Huawei, Toshiba, KDDI, T-Mobile e moitas outras) por explotar comercialmente unha marca que non lles pertence.
A demanda por valor de 94 millóns de dólares presentouse nun tribunal de Illinois, polo que este conflito podería rematar de distintos xeitos, entre os que estaría o cambio de marca por parte da plataforma de software de Google.
Parece evidente que non vai a existir ningunha posible confusión entre o Android para móbiles e a empresa de software de Specht, pero este último teme que a popularidade da plataforma promovida por Google faga quedar á súa empresa coma unha imitación, afectando seriamente á imaxe da compañía. Specht.

PUBLICIDADE